Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Economía Regional: Economía de Galicia
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta B2 B1 Unha proba escrita sobre os coñecementos adquiridos ao longo do curso.
Realizarase na data establecida no calendario académico oficial.
NOTA: a nota mínima exixida na proba escrita será de 4/10 para poder sumarse a calificación da evaluación contínua.
40
Obradoiro A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A13 B1 B3 B4 B5 B9 C1 C4 C5 C6 C7 C8 Actividades en clase, participación, interés pola asignatura 60
 
Observacións avaliación

Para superar a materia en calquera oportunidade requírese un mínimo de 5 sobre 10.

No exame final da primeira oportunidade é necesario obter un mínimo de 4 sobre 10. No caso de non alcanzar a cualificación mínima de 4 puntos sobre 10, a nota final será a obtida na avaliación continua.

Na avaliación da segunda oportunidade tomarase a mellor cualificación das seguintes opcións:

a. O exame supoñerá o 100% da cualificación final sen ter en conta a avaliación continua.

b. O exame supoñerá o 60% da cualificación e o 40% restante será o que se obtivo durante o curso na avaliación continua. É necesario obter un mínimo de 4 sobre 10. No caso de non alcanzar a cualificación mínima de 4 puntos sobre 10, a nota final será a obtida na avaliación continua.

Na convocatoria adiantada realizarase un exame que supoñerá o 100% da cualificación.

Está prohibido acceder á aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/o almacenamento da información.

Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumnado cando soamente participe de actividades de avaliación continua que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final.

O alumno terá que acreditarse persoalmente segundo a normativa vixente.

Os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial, aínda que que estean exentos da asistencia, serán avaliados cos mesmos criterios que os alumnos a tempo completo.

Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes