Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Investigación de Mercados
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A8 A9 B1 B3 B6 B7 B8 B9 C1 C4 O profesor da materia realizará unha proba tipo test de resposta múltiple, incluíndo preguntas relacionadas coa parte teórica da materia 40
Estudo de casos A1 A4 A5 A6 A7 A13 B2 B1 B3 B4 B5 C1 C2 C3 C5 C6 Contémplase a realización de casos prácticos relacionados cos contidos teóricos da materia. Estes casos prácticos traballaranse en grupo.
Deben ser presentados por escrito e expostos oralmente nas datas fixadas polos profesores. Serán avaliados tendo en conta a súa presentación oral, escrita, espírito crítico, creatividade e aplicación dos fundamentos teóricos.
Neste sentido, a cualificación de cada un dos membros dun mesmo grupo de traballo poderá ser diferente.
A entrega fóra de prazo, ou non presentar oralmente o proxecto nas datas fixadas conleva a valoración da práctica con 0 puntos.
A asistencia a clase e a xornadas ou conferencias é obrigatoria (puntuará positivamente a participación activa na avaliación continua).
60
 
Observacións avaliación

A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN:

1. Condicións de realización dos exames: Durante a realización dos exames non se poderá ter acceso a ningún dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información, salvo que o propio deseño da proba así o esixa (e neste caso so poderá usarse esta conexión co exterior e/ou o almacenamento de información para os fins marcados polos docentes). Poderá ser denegada a entrada á sala de exame con este tipo de dispositivos. Salvo aviso previo do contrario, tampouco está permitido o uso de calculadoras durante la realización das probas presenciais.

2. Identificación do estudante: O estudante acreditará a súa personalidade de acordo coa normativa vigente.

B) TIPOS DE CALIFICACIÓN:

Cualificación de Non Presentado: Outorgarase esta cualificación ao estudantado que só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% da cualificación final, con independencia da cualificación obtida.

O alumnado que teña recoñecida a dedicación a tempo parcial ou con exención de asistencia seguirán o mesmo sistema de avaliación que os que están a tempo completo.

C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN: 

Segunda Oportunidade:

Os criterios de avaliación serán os mesmos que na primeira oportunidade. O alumnado poderá recuperar o 100% da nota na segunda oportunidade. Para iso será necesario entregar e presentar oralmente o estudo de caso (nesta ocasión existe a posibilidade de que o alumno/a traballe de xeito individual) e realizar o exame. 

Convocatoria adiantada:

No caso de que o alumnado solicitase a convocatoria adiantada, este será avaliado a través dunha proba de resposta múltiple (catro opcións), onde as preguntas mal contestadas penalizan. A proba de resposta múltiple establece un mínimo de 5 puntos sobre 10 para superar a materia. A ponderación desta proba nesta convocatoria será dun 100%.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia:

Agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.


D) OUTRAS NORMAS DE AVALIACIÓN:

"A realización fraudulenta das probas ou actividades
de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de
suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando
así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara
a convocatoria extraordinaria".
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes