Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Dereito Dixital e da Intelixencia Artificial
 Asignaturas
  As Relacións Xurídicas na Sociedade Dixital
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A2 A3 A14 B4 B7 B20 B21 B22 C4 C6 Avaliación da capacidade de aplicación práctica dos coñecementos.
Avaliación da capacidade de síntese, análise crítica e creatividade.
Avaliación da fluidez e coherencia expositivas.
Avaliación do rigor na argumentación.
60
Proba obxectiva A2 A3 A14 B22 Avaliación do coñecemento, a comprensión e o dominio dos principais contidos 40
 
Observacións avaliación

- A cualificación final da asignatura acadarase da suma dos puntos obtidos na avaliación continua e os puntos obtidos na proba obxectiva de final de semestre.

1º Avaliación continua (60%):

O profesorado avaliará o traballo realizado polos estudantes ao longo do semestre, dentro e fora da aula, cun máximo de seis puntos. Con este fin, os estudantes deberán asistir á clase e deberán realizar as actividades encarregadas polo profesorado nos prazos e nas condicións que se dispongan. Para recibir os puntos de avaliación contínua exixirase unha asistencia ao 80% das clases, excepto no caso de estudantes a tempo parcial que teñan obtido dispensa académica*.

2º) Proba obxectiva (40%):

 Ao final do semestre, os estudantes deberán realizar unha proba obxectiva, tipo test, sobre os contidos explicados na aula e as lecturas entregadas polo profesorado. Para aprobar a asignatura será imprescindible ter aprobado esta proba.

* Observacións:

Os estudantes a tempo parcial con dispensa académica serán cualificados de acordo cos mesmos criterios de avaliación coas seguintes peculiaridades:

  • A asistencia mínima esixida para recibir os puntos de avaliación continua será do 40%.

  • O profesorado encargará actividades de avaliación continua complementarias, equivalentes en tempo de realización ao 40% da asistencia dispensada”.

Criterios de
avaliación do estudantado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa de asistencia ás aulas.



A proba obxectiva (40%) realizarase nas mesmas condicións que as do resto do
estudantado.



A avaliación do estudo de casos consistirá na entrega de
comentarios escritos nunha data non posterior á fixada para o exame (proba obxectiva).


- Plaxio ou fraude académica.

O comportamento fraudulento nas probas de avaliación, e singularmente o plaxio no estudo de casos, ou a utilización oculta de instrumentos de intelixencia artificial para levar a cabo as tarefas, terá como consecuencia a cualificación de "0 (Suspenso)" na oportunidade correspondente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes