Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Dereito Dixital e da Intelixencia Artificial
 Asignaturas
  Administración Dixital e Intervención Pública
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A1 A11 A20 B4 B11 B14 C4 C6 Ao/os estudantes deberán estudiar os casos plantexados na aula seguindo as instrucións indicadas polo profesorado. 30
Presentación oral A20 B1 B11 B14 C6 As/os estudantes recibirán encargos por parte do profesorado, que deberán realizar e presentar oralmente nás sesións que se sinalen ao efecto. 30
Proba obxectiva A2 A11 A16 B4 C3 Os/as estudantes realizarán unha ou varias probas obxectivas sobre as lecturas facilitadas para a preparación e estudo da materia. Estas probas deben aprobarse para poder superar a asignatura. 40
 
Observacións avaliación

A cualificación final da materia obterase da suma dos puntos obtidos na avaliación continua e os puntos obtidos na proba obxectiva de final de cuadrimestre.

1º) Avaliación continua (60%):

O profesorado avaliará o traballo realizado polos/as estudantes ao longo do cuadrimestre, dentro e fose da aula, cun máximo de 6 puntos. Para iso, os/as estudantes deberán asistir a clase e deberán realizar as actividades encargadas polo profesorado nos prazos e coas condicións que se dispoñan. Para recibir os puntos de avaliación continua esixirase unha asistencia ao 80% das clases, salvo nos casos de estudantes a tempo parcial que obteñan dispensa académica*.

2º) Proba obxectiva (40%):

Ao final do cuadrimestre, os/as estudantes deberán realizar unha proba obxectiva  sobre os contidos explicados na aula e as lecturas entregadas polo profesorado. Para aprobar a materia é imprescindible aprobar esta proba.

*Observacións:

Os/as estudantes a tempo parcial con dispensa académica serán cualificados/as de acordo con os mesmos criterios de avaliación, coas seguintes particularidades:

asistencia mínima esixida para recibir os puntos de avaliación continua será do 40%.

O profesorado encargará actividades de avaliación continua complementarias, equivalentes en tempo de realización ao 40% da asistencia dispensada”.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso ("0") na materia na oportunidade correspondente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes