Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Dereito Dixital e da Intelixencia Artificial
 Asignaturas
  Criminalidade Informática e Ciberseguridade
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 Exame, que pode incluír unha parte tipo test, preguntas de desenvolvemento e/o un caso práctico. 40
Estudo de casos A1 A3 A5 B18 B17 B16 B15 B14 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C2 C3 C4 C5 C6 Actividades, casos praticos e traballos realizados ao longo do cuadrimestre, segundo as instrucións e prazos sinalados polo profesorado 60
 
Observacións avaliación

A cualificación final da materia obterase da suma dos puntos obtidos na avaliación continua e os puntos obtidos na proba obxectiva de final de cuadrimestre.

1º) Avaliación continua (60%):

O profesorado avaliará o traballo realizado polos/as estudantes ao longo do cuadrimestre, dentro e fose da aula. Para iso, os/as estudantes deberán asistir a clase e deberán realizar as actividades encargadas polo profesorado nos prazos e coas condicións que se dispoñan. Para recibir os puntos de avaliación continua esixirase unha asistencia ao 80% das clases, salvo nos casos de estudantes a tempo parcial que obteñan dispensa académica.

2º) Proba obxectiva (40%):

A final de cuadrimestre, os/as estudantes deberán realizar unha proba obxectiva, que combinará unha parte tipo test e outra de preguntas de desenvolvemento, sobre os contidos explicados na aula e as lecturas entregadas polo profesorado. Para aprobar a materia é imprescindible aprobar esta proba.

Observacións:

Os/as estudantes a tempo parcial con dispensa académica serán cualificados/as de acordo con os mesmos criterios de avaliación, coas seguintes particularidades:

· A asistencia mínima esixida para recibir os puntos de avaliación continua será do 40%.

· O profesorado encargará actividades de avaliación continua complementarias, equivalentes en tempo de realización ao 40% da asistencia dispensada.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes