Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Dereito Dixital e da Intelixencia Artificial
 Asignaturas
  Delegado de Protección de Datos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A1 A3 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C1 C3 C6 C8 Asistencia as ponencias e charlas programadas de carácter expositivo e práctico. 30
Estudo de casos A16 A19 B7 B21 B22 B23 C3 C4 Traballos tutelados sobre casos prácticos 30
Proba obxectiva A1 A3 A5 B1 C1 C4 C7 Proba teórica sobre coñecemento teórico da materia.
A final do cuadrimestre, os/as estudantes realizarán unha proba obxetiva sobre os contidos explicados na aula e as lecturas entregadas polo profesorado. Para aprobar a asignatura é imprescindible aprobar esta proba.
40
 
Observacións avaliación

A cualificación final da materia obterase da suma dos puntos obtidos na avaliación continua e os puntos obtidos na proba obxectiva de final de cuadrimestre.

1º) Avaliación continua (60%):

O profesorado avaliará o traballo realizado polos/as estudantes ao longo do cuadrimestre, dentro e fose da aula, cun máximo de 6 puntos. Para iso, os/as estudantes deberán asistir a clase e deberán realizar as actividades encargadas polo profesorado nos prazos e coas condicións que se dispoñan. Para recibir os puntos de avaliación continua esixirase unha asistencia ao 80% das clases, salvo nos casos de estudantes a tempo parcial que obteñan dispensa académica*.

2º) Proba obxectiva (40%):

Ao final do cuadrimestre, os/as estudantes deberán realizar unha proba obxectiva  sobre os contidos explicados na aula e as lecturas entregadas polo profesorado. Para aprobar a materia é imprescindible aprobar esta proba.

*Observacións:

Os/as estudantes a tempo parcial con dispensa académica serán cualificados/as de acordo con os mesmos criterios de avaliación, coas seguintes particularidades:

asistencia mínima esixida para recibir os puntos de avaliación continua será do 40%.

O profesorado encargará actividades de avaliación continua complementarias, equivalentes en tempo de realización ao 40% da asistencia dispensada”.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso ("0") na materia na oportunidade correspondente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes