Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Avogacía e Procuradoría
 Asignaturas
  Deontoloxía e Técnicas Transversais
   Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
TÉCNICAS TRANSVERSAIS: A formación nesta área ten por obxecto que o alumno/a adquira as habilidades, actitudes e coñecementos referentes ás técnicas para construír un discurso claro e convincente. O seu contido informará o resto das materias. 1. Técnicas de comunicación: Obxectivos: Adquirir habilidades que permitan aplicar os coñecementos especializados ao exercicio profesional ante tribunales ou autoridades públicas. Saber desenrolar habilidades e destrezas interpersonais que faciliten o exercicio profesional nas relación cos ciudadanos, outros profesionais e institución. Habilidades: Expresarse correctamente de forma verbal e mediante xestos e actitudes. Controlar a dicción, volúmen e modulación do discurso.. Traballar a capacidade de comunicarse con claridade. Interactuar de xeito adecuado cos cidadáns, institución e outros profesinoais. Actitudes: asumir que as técnicas de comunicación que utiliza o avogado son un instrumento de persuasión ao servizo dos intereses que defende. Apreciar a conveniencia de adecuar a postura física para facilitar unha dicción correcta. Ser conscientes do impacto do compoñente verbal, vocal e non verbal na comunicación. Reflexionar sobre a importancia da comunicación como habilidade que se pode adestrar. 2. Oratoria forense: Obxectivos: Saber exponer de xeito oral ou escrito feitos e acadar consecuencias xurídicas tendo en conta o contexto, o destinatario e a modalide propia dos ámbitos procedimentais. Coñecer as técnicas do informe oral e o interrogatorio, a terminoloxía xurídica máis usual. Habilidades: argumentar oralmente con precisión e claridade. Aplicar as técnicas de persuasión, claridade e comprensión.Aplicar as técnicas de interrogatorio. Ser capaz de adecuar a distinta postura procesual ao tipo de discurso. Ser capaz de improvisar e reaccionar oralmente ante trámites ou alegacione inesperadas. Aplicar as técnicas de expresión oral. Aplicar os distintos estilos e protocolos en estrados. Actitudes: asumir que as técnicas de comunicación que utilizan os abogados e o procuradores son un instrumento de persuasión. 3. Escritura forense e técnicas documentais. Obxectivos: coñecer as técnicas de redacción e presentación de documentos. Coñecer os distintos tipos de redacción decartas, informes e ditames. Coñecer a utilidade das escrituras notariais ea intervención do avogado. Coñecer a idoneidade para cada caso dos distintos tipos de documentos. Habilidades: ser capaz de elaborar distintos tipos de cartas e documentos. Aplicar cada tipo de documento á finalidade requirida. Identificar os documentos para a súa utilización posterior ante os tribunais. Redactar documentos de todo tipo: elaboración de interrogatorios, peticións, aclaracións, subsanación de erros. Actitudes: valorar o tipo de documento que é necesario utilizar en cada caso. Valorar a idoneidade dos distintos documentos para o fin perseguido. Adquirir o hábito de redactar aplicando correctamente formato e presentación. 4. Xestións profesionais. Obxectivos: coñecer as técnicas e estratexias para averiguar e establecer os feitos no distintos tipos de procedementos. Valorar as opcións de acción xudicial e a súa implicación custo-tempo. Saber identificar os requerimientos de prestación e organización para o asesoramento xurídico e a representación procesual. Saber desarrollar habilidades e destrezas que faciliten o exercicio profesional nas relación cos cidadáns, outros profesionais e institución. Habilidades: aplicar as técnicas para a análise de problemas e a toma de decisións profesionais. Saber identificar o tipo de conflito e derivalo cara ao método de resolución máis adecuado. Aplicar as técnicas de entrevista cos clientes e os contrarios. Aplicar as técnicas de negociación e resolución de conflitos. Actitudes: perder o medo á toma de decisións profesionais. Manter unha adecuada relación e comunicación co cliente. Adquirir o hábito de manter informado o cliente. Apreciar a conveniencia de propiciar unha solución negociada ao conflito. 5.- Actos de comunicación xudicial e proceso dixital Obxetivos: coñecer as técnicas procesuais e ser capaz de executar actos nos distintos eidos procesuais. Prazos e actos de comunicación. Comunicación as partes no proceso, colaboración cos tribunais na execución das resolución. Desenrolar destrezas e habilidades para o uso de procedementos, protocolos e sistemas e aplicación xudiciais que requiran os actos de comunicación e cooperación coa administración. Sistemas electrónicos, informáticos e telemáticos. Habilidades: Utilizar os procedementos, protocolos sistemas e aplicacións xudiciais que requiran os actos de comunicación e cooperación coa administración de xustiza. Actitudes: Adquirir as técnicas de utilización dos procedementos de comunicación. AP5
AP6
AP7
AP9
BP4
BP7
BP8
CP1
CP2
CP3
CP5
CP7
CP8
CP9
CP10
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes