Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
 Asignaturas
  Literatura e Espectáculo
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados O alumnado realizará individualmente un traballo de investigación -orixinal, rigoroso e de extensión limitada-, que focará ora un texto posdramático, ora a análise dalgún aspecto concreto dun espectáculo non aristotélico, ora un discurso alternativo ao patriarcal desde os palcos, ora as relacións da literatura co audiovisual, ora a análise narratolóxica dun produto dese medio. Nas primeiras sesións serán determinadas tanto a data de comunicación do tema e ponderación co profesor e os compañeiros das estratexias de elaboración -nun espazo de traballo colaborativo en liña-, como a de incorporación ao espazo virtual colaborativo da versión definitiva.
Lecturas Será preciso realizar nos prazos determinados unha serie de lecturas básicas, así como as necesarias para a elaboración do traballo.
Eventos científicos e/ou divulgativos Acompañarase, presencialmente ou através de ferramentas de comunicación asíncrona, eventos científicos e divulgativos relacionados cos contidos da materia.
Presentación oral Destinaranse as sesións presenciais pertinentes á presentación oral dos traballos individuais tutelados, dedicando uns minutos ás preguntas e retroalimentación dos mesmos por parte dos compañeiros.
Sesión maxistral Destinarase media hora das catro primeiras sesións á exposición e desambiguación dos conceptos teóricos por parte do docente.
Proba mixta A proba mixta desenvolverase como discusión dirixidas. As sesións presenciais consistirán principalmente na realización síncrona destas discusións, tuteladas polo docente, en que o alumnado deberá participar activamente.
Previamente, as/os estudantes terán que preparar as discusións mediante a lectura dos artigos especializados indicados con suficiente antelación. Tamén se realizarán discusións dirixidas asíncronas, através do espazo de traballo colaborativo en liña.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes