Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
 Asignaturas
  Tradicións Literarias e Culturais
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Reservarase unha parte das sesións presenciais para o debate de cuestións concretas relativas aos contidos previamente expostos. Asimesmo, proporase ós estudantes a preparación previa de certos aspectos que serán tratados en sesións posteriores, efectuando, por exemplo, procura de información sobre un tema dado. Estas actividades terán unha dinámica de traballo en grupo.
Traballos tutelados Os estudantes elaborarán un traballo, coa orientación do profesor e sobre un tema acordado previamente. O traballo estará centrado en algún aspecto da elaboración, transmisión e recepción dun tema da tradición cultural ou literaria, preferentemente dentro do dominio cultural hispánico.
Lecturas A instancia do profesor, os estudantes realizarán por conta propia a lectura de fontes bibliográficas, que poderán estar referidas ben a aspectos xerais da materia ou ben ao tema do traballo tutelado. Unha parte destas lecturas constituirán a base para levar a cabo sesións de debate en aulas presenciais. Outra parte terá carácter complementario e poderá ser realizada durante o período que media entre o fin das aulas presenciais e o prazo establecido para a avaliación.
Sesión maxistral O profesor destinará as sesións maxistrais a expor oralmente os contidos dos temas e subtemas. Empregará instrumentos auxiliares como textos, documentos gráficos ou sonoros, remisión a páxinas web ou guions en formato power-point. A exposición razoada estará aberta ao debate e á aclaración de dúbidas plantexadas polos estudantes.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes