Solución de problemas |
Exercicios prácticos nos que se aplicarán os contidos do temario. Proponse unha metodoloxía activa, o que supón que o estudante se implique na aprendizaxe e traballe con asiduidade. |
Lecturas |
O alumno preparará, fóra de clase, as lecturas que a profesora indique. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Asistencia e participación en eventos científicos ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposiciones, etc.) que permiten profundizar no coñecemento de temas de estudio relacionados coa materia. |
Proba mixta |
Realizarase unha proba mixta en xaneiro e outra en xullo os días sinalados oficialmente pola facultade. Nesta proba avaliarase a consecución das competencias adquiridas: o coñecemento dos mecanismos básicos de descrición do español, a asimilación das lecturas realizadas e a aplicación destes coñecementos á práctica. Así mesmo, valorarase notablemente a corrección no uso da lingua.
|