Investigación (Proxecto de investigación) |
A6 A18 B1 B6 C3 |
-Os alumnos realizarán un proxecto colaborativo (só en casos excepcionais e coa autorización do profesorado podería realizarse individualmente).
-O proxecto consistirá nunha análise crítica e unha avaliación da contribución positiva e/ou negativa dun acontecemento ou unha persoa (non viva) á sociedade e ás culturas de fala inglesa. Non se trata dunha mini-biografía, listaxe de logros, folleto de tipo turístico/histórico, etc. (como en Wikpedia),
-O proxecto consistirá en (i) unha presentación oral (en clase) en datas que se anunciarán en Moodle; (ii) un resumo de 500 palabras, con 5 palabras crave, bibliografía e recursos dixitais consultados. Instrucións específicas en clase e en Moodle.
-O alumnado queda avisado de que a facultade dispón dunha ferramenta informática (Turnitin) para detectar plaxio (é dicir, copiar o traballo doutros en parte, ou enteiramente), ademais de detectar se un traballo xa foi entregado como parte doutra materia polo mesmo estudante. O plaxio implicará un 0 nesta parte da avaliación.
|
30 |
Proba mixta |
A2 A11 B7 |
Proba escrita: respostas breves; redacción de pequenos comentarios; identificación de elementos significativos, obxectos, documentos históricos e culturais, cadros, trazos xeográficos. |
50 |
Prácticas a través de TIC |
B3 C3 |
Nas sesións interactivas, o alumnado traballará na análise e avaliación crítica de fontes primarias e secundarias procedentes de Internet.
Entregaranse dous traballos. Os temas e as datas en Moodle. A entrega tardía penalizarase.
O plaxio, que inclúe cortar e pegar, implicará un 0 nesta parte da avaliación. |
20 |
- Probamixta: data aprobada por Xunta de Facultade para o curso 2023-24 (primeira oportunidade en xaneiro 2024). As datas para a entrega de tarefas e a presentación deben respectarse; calquera incidencia que impida cumprir cos requisitos debe xustificarse documentalmente.
- Para aprobar a materia é necesario conseguir un 5 sobre 10 en cada apartado da avaliación.
- A oportunidade de xullo basearase na repetición da(s)parte(s) da avaliación que non se superaron, conservando os mesmos porcentaxes(30% + 50% +20%).
- Os temas para a repetiticón de xullo (tareas escritas) anunciaranse en Moodle. Aplicarase unha penalización pola entrega tardía.
- Obterá unha cualificación de “Non Presentado” aquel/a estudante que non se presente á proba escrita (a mixta), e que tampouco entregase polo menos un 50% das tarefas prácticas.
- Os alumnos/as que suspendan na primeira oportunidade e non se presenten á oportunidade de xullo terán a nota de suspenso.
- Os alumnos/as que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo. Estes estudantes deben poñerse en contacto co profesorado ao comezo do cuadrimestre para informarlles desta circunstancia.
- Aqueles alumnos que oficialmente fosen matriculados a tempo parcial, e/ou que posúan unha dispensa académica, tal e como establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados en calquera oportunidade (primeira ou segunda)seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo.
- É OBRIGATORIO DEMOSTRAR UN NIVEL B2 DE inglés para aprobar a asignatura. O non demostrares este nivel de lingua pode ser, exclusivamente, motivo de SUSPENSO.
- Diversidade: A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, co a Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/);no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal ).
- Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
- -#De acordo coas distintas normativas que regulan a docencia universitaria, é necesario incorporar a perspectiva de xénero nesta materia. Isto inclúe, entre outras medidas, o uso dunha linguaxe non sexista, bibliografías inclusivas desde unha perspectiva de xénero e o fomento da participación de todos os alumnos en clase, independentemente do seu sexo.
-Prestaremos especial atención á identificación e tratamento de prexuízos e actitudes sexistas. Traballaremos activamente na modificación desta contorna e na promoción de valores de respecto e igualdade. -Os nosos esforzos centraranse en detectar casos de discriminación por razón de sexo e poñer en marcha as accións oportunas para emendalos.
|