Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Técnicas Estadísticas (Plan 2019)
 Asignaturas
  Control Estatístico da Calidade
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Modelos de Probabilidade/614493001
Estatística Aplicada/614493002
Análise Exploratoria de Datos/614493004

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Análise Multivariante/614493012
Series de Tempo/614493123

Materias que continúan o temario

Observacións

O desenvolvemento dos contidos da materia realizarase tendo en conta que as competencias a adquirir polo alumnado deben cumprir co nivel MECES3. Neste sentido, todos os contidos da materia estudaranse dunha maneira exhaustiva, presentando todas as ferramentas estatísticas para o control estatístico da calidade de maneira rigorosa, incluíndo aquelas técnicas multivariantes e funcionais que representan as novas tendencias neste ámbito, de aplicación para a resolución de problemas no marco da Industria 4.0.

Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o indicado nas respectivas normativas das universidades participantes no Máster en Técnicas Estatísticas. Esta guía e os criterios e metodoloxías nela descritos están suxeitos ás modificacións que se deriven de normativas e directrices das universidades participantes no Máster en Técnicas Estatísticas.

Esta guía e os criterios e metodoloxías nela descritos están suxeitos ás modificacións que se deriven de normativas e directrices das universidades participantes no Máster en Técnicas Estatísticas.

1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: 1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático. 1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos 1.3. De se realizar en papel: -Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a impresión de borradores. 2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. 3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. 4.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…). 5.- Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. 7. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes