Obradoiro |
B21 C6 |
A avaliación das tarefas prácticas en obradoiros será continua ao longo do curso, e basearase nunha presentación final ao profesor. Consideraranse na avaliación os seguintes aspectos:
- Capacidade para traballar en grupo.
- Capacidade persoal para facer o traballo e explicalo.
- Capacidade para axustarse aos obxectivos das tarefas.
- Capacidade para aplicar coñecemento adquirido durante as clases teóricas.
- Pensamento crítico e capacidade para innovar e atopar solucións a problemas.
- Capacidade para entregar as tarefas a tempo. |
50 |
O resumo da distribución de pesos nas avaliacións é o seguinte:o 50% da nota derivará do exame escrito, e o outro 50% dun conxunto de traballos prácticos que serán realizados ao longo do curso. É necesario ter unha nota mínima de aprobado tanto no exame escrito como no conxunto de traballos prácticos. Aqueles estudantes con matrícula a tempo parcial ou calquer circunstancia que impida a asistencia as clases, deberan contactar cos docentes para determinar alternativas ao seguimento e a avaliacion da materia. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
|