Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde
 Asignaturas
  Introdución á programación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A3 B8 C6 C3 Valorarase a participación do alumno así como a realización de diversos traballos puntuables que se detallarán durante o curso e que poderán resolverse na clase ou na titoría. Non é necesario entregar todos os traballos para aprobar, aínda que sí para conseguir a máxima nota. 50
Estudo de casos A3 B1 B5 Valorarase a capacidade resolutiva do estudante nas solucións aos casos planteados. Non é necesario entregar todos os traballos para aprobar, aínda que sí para conseguir a máxima nota. 15
Proba mixta A3 Realización obrigatoria. Necesario aprobar o exame para superar a materia. O exame constará dunha parte tipo test (40% da nota final) e unha parte práctica (60%). 35
 
Observacións avaliación

Non presentado

- Terá a condición de Non presentado (NP)
quen non presente ningún traballo práctico nin concorra á proba
obxectiva no período oficial de avaliación. Por conseguinte, quen presente calquera traballo práctico e/ou realice a
proba obxectiva considerarase "Presentado" e será avaliado.

Traballos prácticos

- No caso de existir nalgún tema, as actividades de gamificación substituirán ás entregas de prácticas e suporán a mesma cualificación na nota
global.

-
Soamente os alumnos con cualificación de NON PRESENTADO na primeira
oportunidade poderán entregar os traballos propostos durante o curso
para a segunda oportunidade. En caso de SUSPENSO na primeira
oportunidade, só se poderán entregar de novo os traballos suspensos que
sexan así calificados polo profesor.

- O retraso na entrega dos
traballos levará consigo unha penalización na nota que aparecerá
recollida na planificación docente na páxina web.

- De acordo ao
artigo 14, apartado 4, da normativa*, o plaxio dos traballos prácticos
levará unha calificación de SUSPENSO na actividade, tanto ao estudante
que presente material copiado como ao que o facilitara.

Primeira e segunda oportunidade

-
As cualificacións obtidas en actividades de solución de problemas serán
válidas tan só para o curso académico no que se realicen.

Oportunidade adiantada de Decembro

- Para a avaliación da oportunidade adiantada aplicaranse os mesmos criterios.

Matrícula a tempo parcial

-
Os alumnos matriculados a tempo parcial terán que entregar as
actividades avaliables nas condicións e prazos específicos que se
establecerán. Será obrigación do estudante comunicar a súa situación ao
profesorado.

Cualificación exame

Os alumnos farán unha
proba escrita ao finalizar o cuadrimestre de acordo ao calendario oficial.
O exame constará dunha parte tipo test (40% da nota final) e unha parte
práctica (60%) de realización de pequenos programas. Nesta segunda parte o
alumno poderá consultar o manual de Python.

Alumnos de segunda matrícula e posteriores

-
A avaliación basearase no recollido nesta guía. Dada a posibilidade de
non asistir presencialmente por incompatibilidade cos horarios de
segundo curso, realizarán a maiores unha serie de traballos prácticos
ademáis dos propostos para os alumnos de primeira matrícula. Neste caso
exisirase asistencia a titorías, bien presencialmente ou virtualmente.

Plaxio ou copia de exame/prácticas*

-A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha
vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na
convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con
“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso
académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira
oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario".

*
Regulamento disciplinar do estudantado da UDC. Aprobado polo Consello
de Goberno do 27/02/2023 e modificado no seu artigo 11.4.b polol
Consello de Goberno do 28/06/2023

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes