Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde
 Asignaturas
  Probabilidade. estatística e elementos de biomatemática
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A5 A6 A10 B1 B4 B5 C8 Presentación oral do traballo orixinal mencionado no item "Solución de problemas" e seguimento continuado e obxectivable dunha participación activa. 10
Prácticas a través de TIC A5 A6 A10 B4 B5 C3 C6 Práctica de ordenador usando o software estatístico libre R. 30
Solución de problemas A5 A6 A10 B1 B4 B5 C3 C6 C8 Traballo orixinal sobre algún dos temas da materia nun contexto de interés en Bioinformática e seguimento continuado e obxectivable dunha participación activa. 30
Proba de resposta múltiple A5 B1 B5 C8 Proba de comprensión dos conceptos impartidos. 30
 
Observacións avaliación

A avaliación realizarase por medio dunha proba sobre
prácticas con R, un traballo individual do/da alumno/a, así como unha
proba escrita de conceptos. A calificación da proba de
conceptos representará o 30% da calificación global, a proba de
práctica en R corresponderá ao 30% mentres que o 40% restante
corresponderá ao traballo individual, que ten que ser presentado en público
polos estudantes. A cuarta parte da puntuación deste traballo individual (10% da cualificación global) corresponde á presentación oral do mesmo.

Para superar a materia será necesario obter unha calificación de alomenos 5 sobre 10 no conxunto da materia.

Na
oportunidade de xullo os estudantes poderán liberarse de facer as probas
correspondentes nas que a súa calificación na
oportunidade de xaneiro fora de alomenos 4 sobre 10.

Na primeira oportunidade (xaneiro-febreiro), so os estudantes que non se
teñan presentado a ningunha das probas avaliables que figuran arriba e que non entregaran o traballo individual obterán a calificación de NON PRESENTADO. En xullo obterán a calificación de NON PRESENTADO os estudantes que non tiveran presentado ao exame final desa data.

Se algún estudante quere facer algunha das probas nun idioma oficial específico (galego ou español), debe avisar ó profesorado alomenos 1 semana antes da correspondente proba.

realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes