Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Ciberseguridade
 Asignaturas
  Redes Seguras
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba práctica A25 B21 C7 Ao remate da realización dos laboratorios de prácticas, realizarase unha proba na que o alumno deberá demostrar-las competencias adquiridas. Partindo dun escenario inicial (rede non segura) solicitarase ao estudante que a protexa utilizando estratexias e técnicas abordados na materia, especialmente nos laboratorios prácticos. 30
Proba de ensaio C7 Ao remate da exposición da materia e da realización das prácticas a través de TIC, levarase a cabo unha proba de desenvolvemento de un ou dous temas abordados na materia, onde alumno deberá demostrar unha comprensión avanzada de este ou ser quen de resolver un problema complexo. 10
Prácticas a través de TIC C10 C15 As prácticas da materia consistirán en diferentes actividades relacionadas co deseño e implementación de Redes Seguras. Levarase a cabo unha memoria das prácticas para valorar o nivel de comprensión e o traballo desenvolvido polo alumno 20
Proba obxectiva A25 B21 C7 C10 Ao final da exposición da materia, realizarase unha proba obxectiva tipo test sobre os contidos tratados, tanto nas sesións teóricas como nas prácticas 40
 
Observacións avaliación

Será necesario obter como mínimo o 50% da nota para aprobar a materia. Ademais, para supera-la materia será preciso (en calquera oportunidade) obter un mínimo dun 40% da nota final na proba obxectiva, na proba de ensaio e nas prácticas (prácticas a través de TIC e proba práctica). En caso contrario, a nota máxima que se poderá obter é de 4.5.

PRIMEIRA OPORTUNIDADE - CONVOCATORIA ORDINARIA

A avaliación das prácticas de laboratorio realizarase mediante a presentación de catro memorias de prácticas relacionadas cos exercicios de laboratorio e terá un peso total do 20% da nota final. Realizarase tamén unha proba práctica que terá un peso do 30% sobre a nota final. Será preciso obter un mínimo dun 40% en prácticas (prácticas a través de TIC e proba práctica) para supera-la materia. 

O 40% da nota da primeira oportunidade poderase acadar por medio da realización dunha proba obxectiva (exame), que poderá conter preguntas relacionadas cos conceptos desenvolvidos nas clases de teoría, prácticas, tutoriais proporcionados e material bibliográfico básico.

O 10% da nota restante da primeira oportunidade poderase acadar por medio da realización dunha proba de ensaio, que poderá conter preguntas relacionadas cos conceptos desenvolvidos nas clases de teoría, prácticas, tutoriais proporcionados e material bibliográfico básico.

SEGUNDA OPORTUNIDADE - CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA

Poderán conservar a nota obtida nas prácticas ou na proba obxectiva da primeira oportunidade sempre e cando obtiveran unha valoración igual ou superior ao 50% do seu peso na nota final.

A avaliación das prácticas na segunda oportunidade levarase a cabo mediante a defensa dun exercicio único en laboratorio, á finalización da proba obxectiva da segunda oportunidade.

O 40% da nota da primeira oportunidade poderase acadar por medio da realización dunha proba obxectiva (exame), que poderá conter preguntas relacionadas cos conceptos desenvolvidos nas clases de teoría, prácticas, tutoriais proporcionados e material bibliográfico básico.

O 10% da nota restante da primeira oportunidade poderase acadar por medio da realización dunha proba de ensaio, que poderá conter preguntas relacionadas cos conceptos desenvolvidos nas clases de teoría, prácticas, tutoriais proporcionados e material bibliográfico básico.

CONVOCATORIA ADIANTADA

Poderán conserva-la nota obtida en prácticas, sempre e cando obtiveran unha valoración igual ou superior ó 50% do seu peso final.

A avaliación das prácticas (50% da nota final) levarase a cabo mediante unha proba práctica.

O 40% da nota da primeira oportunidade poderase acadar por medio da realización dunha proba obxectiva (exame), que poderá conter preguntas relacionadas cos conceptos desenvolvidos nas clases de teoría, prácticas, tutoriais proporcionados e material bibliográfico básico.

O 10% da nota restante da primeira oportunidade poderase acadar por medio da realización dunha proba de ensaio, que poderá conter preguntas relacionadas cos conceptos desenvolvidos nas clases de teoría, prácticas, tutoriais proporcionados e material bibliográfico básico.

ESTUDANTES CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL OU CON DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE DOCENCIA: Deberán poñerse en contacto cos profesores da materia para posibilitar a realización das tarefas fóra da organización habitual de materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes