Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Ciberseguridade
 Asignaturas
  Seguridade como Negocio
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A16 A20 C4 Este apartado avaliará a participación do alumno nas sesións formativas presentadas por diversos actores do mercado da ciberseguridade. 20
Proba obxectiva B4 B8 B10 Esta proba, consistente nun cuestionario test, avaliará os coñecementos adquiridos tanto nas sesións maxistrais como nos seminarios e traballos tutelados. 40
Traballos tutelados B2 B4 B8 B10 B11 C2 C5 Os traballos tutelados serán realizados de forma individual ou en grupo polos alumnos, seguindo as indicacións propostas polo profesor. 40
 
Observacións avaliación

A cualificación final do alumno calcularase en base ao resultado da proba obxectivo (40%), o traballo tutelado (40%) e a participación nos seminarios (20%). Non existe nota mínima para superar cada apartado.

Para a segunda oportunidade (convocatoria de xullo) aplicaranse os mesmos criterios de avaliación. Os alumnos terán a posibilidade de realizar unha proba obxectiva tipo test sobre os contidos tratados nas sesións maxistrais e unha segunda data de entrega dos traballos tutelados.
 

Os estudantes con matrícula a tempo parcial poderán seguir a materia sen problemas, xa que a realización do traballo tutelado avaliable non require presencialidade e a avaliación dos contidos teóricos pode realizarse cunha única asistencia para realizar a proba obxectiva na data indicada no calendario de exames.  

IMPORTANTE:

As datas válidas para a entrega dos traballos tutelados será a publicada polo coordinador da materia na ferramenta de teleformación do master.

FRAUDE
En caso de detectarse algun fraude nas probas avaliables aplicaranse as medidas sancionadoras previstas na normativa da Universidade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes