Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Ciberseguridade
 Asignaturas
  Análise Forense de Equipos
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases expositivas de presentación dos coñecementos teóricos de cada un dos temas. Fomentarase a participación do alumnado.
Prácticas de laboratorio Sesións prácticas en computador, nas que se deben resolver unha serie de boletíns de exercicios prácticos propostos polo profesor. Os exercicios buscan consolidar os coñecementos presentados nas sesións maxistrais e tamén fomentar a aprendizaxe autónoma do alumnado.
Por cada boletín, o alumnado debe entregar unha memoria detallada indicando os pasos seguidos para resolver os exercicios, achegando evidencias. Valorarase: a calidade da memoria; a corrección do proceso descrito, dos comandos empregados e das opcións probadas; a xustificación dos pasos seguidos e a proposta de solucións alternativas.
Os boletíns de exercicios publicaranse a través da plataforma de formación da Universidade da Coruña. Imporase unha data máxima de defensa para cada boletín, co obxectivo de fomentar o estudo continuo.
Proba práctica Ao remate da realización das prácticas de laboratorio, realizarase unha proba na que el alumnado deberá demostrar as competencias adquiridas, resolvendo unha serie de exercicios prácticos e respondendo a unha seria de preguntas.
Traballos tutelados Proposta de traballos para a súa resolución individual por parte do alumnado. Estes traballos serán opcionais e permitiranlles ao alumnado interesado afondar en aspectos do temario que lles interesen especialmente e que non se puideran tratar co detalle suficiente durante as sesións maxistrais.
Proba obxectiva Proba mediante a que se valorarán os coñecementos e capacidades adquiridos polo alumnado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes