Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Administración de Infraestructuras e Sistemas Informáticos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A53 A55 B1 B3 C6 A avaliación das prácticas propostas polo profesorado realizarase de forma continua ao longo do cuadrimestre en función das actividades entregadas debidamente en tempo e forma. Ademais poderán realizarse probas complementarias de avaliación continua sobre os contidos específicos das prácticas nas que o alumnado debe demostrrar a asimilación dos conceptos traballados nas sesións de laboratorio. 50
Proba mixta A52 A53 A55 B1 B3 Ao final do cuadrimestre realizarase un exame individual que conterá preguntas relacionadas cós contidos do temario desenvolvido durante as sesións maxistrais có obxectivo de avaliar os coñecementos adquiridos polo alumnado. 50
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

Para superar a materia na primera oportunidade é necesario obter:

  • Un mínimo do 50% da puntuación máxima asignada ás prácticas de laboratorio.
  • Un mínimo do 40% da puntuación máxima asignada á proba mixta.
  • Unha cualificación global, aplicando os pesos da proba mixta e das prácticas de laboratorio, igual ou superior ao 50%.

No caso de incumprir algunha das condicións necesarias para superar a materia, a cualificación final nas actas será un Suspenso e a nota máxima que se poderá obter é 4,5.

Calquer/a estudante que non entregue ningunha das prácticas nin realice a proba mixta terá cualificación de NON PRESENTADO.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Só poderán presentarse á segunda oportunidade os/as alumnos/as que non superen a materia na primeira oportunidade.

As condicións necesarias para superar a materia na primeira oportunidade mantéñense na segunda coas seguintes consideracións:

  • A nota das partes que acadasen o mínimo establecido en primeira oportunidade conservaranse na segunda.
  • Será posible recuperar a parte correspondente ás prácticas de laboratorio no caso de non ter obtido o mínimo establecido en primeira oportunidade.
  • Terá cualificación de NON PRESENTADO nesta oportunidade aquel/a estudante que non opte a recuperar ningunha das partes.

REPETIDORES

A nota das prácticas conservarase durante un curso académico no caso de obter un mínimo do 50%.

MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia deberá comunicar a súa situación ao profesorado co fin de establecer unhas condicións adaptadas á súa dispoñibilidade. En calquera caso, os criterios da súa avaliación serán os mesmos que os do alumnado que curse a materia a tempo completo.

FRAUDE

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de Suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado/a con Suspenso (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes