O alumno debe ter en conta que debe realizar unha labor
autodidacta moi importante, seguindo o seguinte esquema: Ler, atender, comprender,
preguntar, estudar e practicar · Ler: Lea o tema a tratar antes de asistir ás
sesións teóricas. É MOI IMPORTANTE! · Atender: Atenda en clase, non só estea de
corpo presente. · Comprender: Comprenda o que se lle di nas
sesións de teoría, e si non pregunte. · Preguntar: Pregunte todo o que non comprenda,
non quede con dúbidas. · Estudar: Estude logo das sesións, para reter
o comprendido.
· Practicar: Faga moitos
programas, os que se lle pidan, suxiran, e outros pola súa conta, tanto en papel
como no ordenador. Fundamentos da programación I é unha asignatura que non se
pode aprender estudando en dous días. O alumno debe ir madurando os conceptos,
facer sobre o papel e na máquina moitos programas, aprendendo tamén dos erros
ao realizalos. Esta é unha asignatura que, por medio do sistema de avaliación
continua, se pode seguir de forma activa, o ritmo das
distintas sesións teóricas e prácticas. Debe facer caso ás indicacións
particulares de reforzo de estudo que lle sinale o profesor. Perspectiva de xénero: tal e como se recolle nas competencias transversais do título (C4), fomentarase o desenvolvemento dunha cidadanía crítica, aberta e respectuosa coa diversidade na nosa sociedade, salientando a igualdade de dereitos do alumnado sen discriminación por cuestión de xénero ou condición sexual. Empregarase unha linguaxe inclusiva no material e no desenvolvemento das sesións. Traballarase para identificar e modificar prexuizos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. |