Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
 Asignaturas
  Aprendizaxe Automática a Gran Escala
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Desenvolveranse exemplos e exercicios nos que o alumnado terá que aplicar os coñecementos teóricos da materia a casos concretos. Garantirase a interactividade, resolvendo as dúbidas plantexadas polo alumnado, animando a contrastar as súas solucións e expor cuestións relevantes. Parte dos problemas realizados serán avaliados.
Proba obxectiva Levarase a cabo unha avaliación da materia mediante unha proba que incluirá tanto preguntas sobre os contidos teóricos, como supostos prácticos e exercicios de aplicación relacionados cos distintos temas vistos na materia.
Prácticas de laboratorio Desenvolveranse exemplos e exercicios nos que o alumnado terá que aplicar os coñecementos teóricos da materia a casos concretos. Garantirase a interactividade, resolvendo as dúbidas plantexadas polo alumnado, animando a contrastar as súas solucións e expor cuestións relevantes. Parte dos problemas realizados serán avaliados.
Sesión maxistral Clases maxistrais onde se expoñerán os conceptos teóricos da materia, sen perder nunca de vista exemplos de aplicación para motivar e contextualizar os contidos da materia. Fomentarase a interactividade en clase mediante a formulación de preguntas e utilizaranse distintos recursos como transparencias ou demostracións.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes