Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
 Asignaturas
  Aprendizaxe Automática a Gran Escala
   Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Prácticas de laboratorio
Descrición
O desenvolvemento, tanto das clases maxistrais como das de resolución de problemas e os laboratorios de prácticas, realizarase atendendo ao progreso do alumnado nas capacidades de comprensión e asimilación dos contidos impartidos. O avance xeral da clase compaxinarase cunha atención específica a quen presente maiores dificultades na tarefa da aprendizaxe e cun apoio adicional a quen amose maior desenvoltura e desexe ampliar coñecementos.

A atención personalizada se realiza a través das seguintes canles:
- Correo-e: De uso para facer consultas de resposta curta ou solicitar encontros para resolver dúbidas.
- Teams: De uso nos horarios oficiais de titorías nos que se garante unha resposta inmediata. Non entanto, dado o elevado número de alumnado, recoméndase solicitude previa de titoría via correo-e.
- Campus virtual: Poñeránse a disposición do alumnado "foros temáticos" que resolvan dúbidas xerais ligadas a actividades específicas como as prácticas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes