Guía DocenteCurso 2023/24
Facultade de Turismo
Inicio | galego | castellano | english | A A |
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos(plan 2016)
Asignaturas
Promoción e comercialización de destinos e produtos turísticos
Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A9 B2 B3 B5 B4 B6 B7 B10 B11 B12 Para o traballo individual de análise de fontes documentais os criterios de valoración serán:

-Claridade e concisión
-Coñecemento e manexo dos conceptos
-Achega propia sustentada no correspondente marco teórico

Todos os traballos valoraranse nunha escala de 0 a 10 aplicándose posteriormente a ponderación oportuna.
A cualificación desta parte responderá a unha ponderación do 30% sobre a nota final de avaliación da materia.
30
Aprendizaxe servizo A1 A11 A12 A6 A7 A10 A8 A9 B1 B2 B4 B6 B7 B8 B10 B11 C1 C2 C3 C5 C4 C7 C6 C8 C9 A actividade de aprendizaxe-servizo e o traballo tutelado son excluíntes, polo que o alumnado escollerá entre realizar unha ou outra actividade, de tal maneira que a nota correspondente será a suma da asignada a cada actividade, é dicir un 60% da nota final.

Levarase a cabo unha avaliación continua e individualizada do traballo de cada alumno/a na actividade de aprendizaxe e servizo na modalidade presencial.

Os criterios de valoración da avaliación continua serán:
-Actitude
-Proactividade
-Resolución de problemas
-Implicación
A ponderación da avaliación continua sobre a nota final será dun 20%.

Os criterios de valoración do documento escrito serán:
-Adecuada estruturación do traballo
-Claridade e concisión no desenvolvemento
-Coñecemento e manexo dos conceptos
-Orixinalidade das ideas propostas
-Viabilidade do plan
-Estética do documento
A ponderación do documento escrito sobre a nota final será dun 20%.

Os criterios de valoración das presentacións orais faranse de xeito individualizado e serán:

a) Organización e capacidade de síntese
b) Interese do contido
c) Precisión e claridade de exposición
d) Adaptación ao tempo (10 minutos)
e) Estética do documento de presentación
A ponderación da presentación oral sobre a nota final será dun 20%. Deste bloque os ítems a, b, d, e ponderarán un 10% e o ítem c o outro 10%.

Tanto a avaliación continua, como o documento escrito e a presentación oral valoraranse nunha escala de 0 a 10 aplicándose posteriormente a ponderación oportuna.
A cualificación desta parte responderá a unha ponderación do 60% sobre a nota final de avaliación da materia
30
Sesión maxistral A1 A11 A12 A6 A7 A10 A8 A9 B1 B8 B10 B9 B11 B12 Valorarase a asistencia e participación na clase do alumnado presencial.
10
Traballos tutelados A1 A11 A12 A6 A7 A10 A8 A9 B1 B2 B4 B6 B7 B8 B10 B9 B11 C1 C2 C3 C5 C4 C7 C6 C8 C9 A actividade de aprendizaxe-servizo e o traballo tutelado son excluíntes, polo que o alumnado escollerá entre realizar unha ou outra actividade, de tal maneira que a nota correspondente será a suma da asignada a cada actividade, é dicir un 60% da nota final.

Levarase a cabo unha avaliación continua e individualizada do traballo de cada alumno/a no traballo tutelado na modalidade presencial.

Os criterios de valoración da avaliación continua serán:
-Actitude
-Proactividade
-Resolución de problemas
-Implicación
A ponderación da avaliación continua sobre a nota final será dun 20%.

Os criterios de valoración do traballo escrito serán:
-Adecuada estruturación do traballo
-Claridade e concisión no desenvolvemento
-Coñecemento e manexo dos conceptos
-Orixinalidade das ideas propostas
-Viabilidade do plan
-Estética do documento
A ponderación do traballo escrito sobre a nota final será dun 20%.

Os criterios de valoración das presentacións orais faranse de xeito individualizado e serán:

a) Organización e capacidade de síntese
b) Interese do contido
c) Precisión e claridade de exposición
d) Adaptación ao tempo (10 minutos)
e) Estética do documento de presentación
A ponderación da presentación oral sobre a nota final será dun 20%. Deste bloque os ítems a, b, d, e ponderarán un 10% e o ítem c o outro 10%.

Tanto a avaliación continua, como o traballo escrito e a presentación oral valoraranse nunha escala de 0 a 10 aplicándose posteriormente a ponderación oportuna.
A cualificación desta parte responderá a unha ponderación do 60% sobre a nota final de avaliación da materia.
30

Observacións avaliación

Para superar a asignatura será necesario ter unha calificación de máis de 5 puntos en todas e cada unha das partes (análise de fontes documentais, traballo tutelado e participación en foros).

O sistema de evaluación será o mismo para ambas oportunidades.

Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.

Segunda oportunidade e convocatoria adiantada: Os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación. Na convocatoria adiantada é posible recuperar os puntos da avaliación continua mediante preguntas adicionais á proba obxectiva final.

Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes probas acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.

Identificación do estudante: O estudante debe acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia, na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes