Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
 Asignaturas
  Austeridade e precariedade na era da globalización
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A2 A3 A4 A5 A6 B2 B3 B4 B7 B11 B12 B13 B15 B16 B17 B18 B19 B20 C2 C7 Consistirá no desenvolvemento dun traballo de investigación, preferentemente en grupo, en torno a algún dos contidos explicados ao longo da materia e que será debidamente detallado polo profesor. 60
Presentación oral C1 C5 C6 C7 Os traballos finais serán expostos oralmente na aula 10
Obradoiro A2 A3 A5 B2 B3 B7 B8 C5 C6 C8 Consistirá na realización de diversos exercicios ou prácticas a desenvolveren na casa ou na aula dependendo das indicacións do profesor en relación co contido teórico explicado 30
 
Observacións avaliación
  • O número total de prácticas dependerá da evolución do contido teórico.
  • A avaliación dos/das estudantes que cursan a modalidade online será a seguinte:
- Traballo tutelado: 100% da cualificación
  • No caso de detectarse plaxio, o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes