Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
 Asignaturas
  Pobreza e desigualdade: debates, medicións e identificación de grupos en risco de exclusión
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Fontes de información e técnicas estatísticas para a análise das políticas sociais/615525007

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase seguir con asiduidade as indicacións e novidades da plataforma MOODLE, xa que esta plataforma, xunto coas clases presenciais, constitúe un sistema esencial de comunicación entre a equipa docente e o estudantado.

Ademáis, fanse as seguintes observacións e recomendacións, con carácter xeral:

1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

a. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático;

b. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

3. Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

4. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

5. Nas clases sosterase o principio de debate democrático, escoitando e respetando todas as opinións diversas en torno aos temas tratados, tanto de parte do profesorado como do alumnado.

6. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria incorporare a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...).

7. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

8. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.


ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

O curso poderá adaptarse ao alumnado que requira a adopción de medidas orientadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionadas coa saúde mental). Se é o caso, deberán dirixirse aos servizos dispoñibles na UDC/no centro: nos prazos oficiais estipulados con anterioridade a cada cuadrimestre, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/es/cufie/ADI/LGTBIQ/); no seu defecto, co/a titor/a ADI da Facultade,


NOTA ADICIONAL

Adicionalmente, é aconsellable tener coñecementos básicos de socioloxía, economía e dereito. En particular, debes coñecer o papel das organizacións transnacionais (Banco Mundial, Nacións Unidas, Unión Europea). Tamén hai coñecementos básicos de matemáticas e estatística aplicadas á correcta interpretación, cálculo e xestión de bases de datos e indicadores. Recoméndase ter un nivel de inglés medio-alto para un acceso adecuado ás fontes de información. Así mesmo, requírese un nivel axeitado de uso das TIC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes