Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
 Asignaturas
  Deseño de proxectos e traballos de investigación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral B5 B17 C6 A presentación dos traballos, no formato que se defina, dará como resultado unha puntuación complementaria da materia. No inicio da materia decidirase o formato da presentación dos traballos, de manera consensuada co alumnado. 10
Investigación (Proxecto de investigación) A2 B6 B13 C3 C5 C7 O proxecto de investigación contará co groso da puntuación da materia.
Valorarase a descrición clara do problema obxecto de estudio, a escolla adecuada das técnicas de análisis, a exposición ordenada dos resultados e as conclusión pertinentes e oportunas.
90
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia "Deseño de proxectos e traballos de investigación" será conxunta coa materia de "Taller de actualización e transferencia". Só será preciso entregar un traballo conxunto para ambas materias. 

É condición indispensable para superar a materia, obter como mínimo no traballo de investigación, a metade da máxima cualificación outorgable (5 de 10).

A avaliación do alumnado da modalidade en liña ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia, será igual que a do alumnado con dedicación completa. Salvo polas sesións de traballo de campo das que estarían eximidos/as buscando unha alternativa compatible con esta modalidade. 

Na 2ª oportunidade, os criterios de avaliación e traballos cualificables serán iguais aos propostos para a 1ª convocatoria.

O alumnado en modalidade en liña poderá contar con titorías vía Teams (previa cita) ou por correo electrónico.

O plaxio no traballo individual, unha vez comprobado, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes