Para superar a materia será necesario aprobar cada unha das
metodoloxías e asistir ao 70 % das sesións.
Os criterios de avaliación para as dúas oportunidades de cada
convocatoria serán os mesmos, gardándose o aprobado nas diferentes metodoloxías
para a segunda oportunidade e o porcentaxe de asistencia para próximas convocatorias (Máximo 3). A redacción do
texto da proba escrita será en castelán, se algún alumno desexa obtela en
galego deberá solicitalo cunha semana de antelación á data oficial da proba.
Aos estudantes que se lles teña concedida a matrícula a tempo parcial terán que
asistir, polo menos, ao 50% das sesións. .
- A realización fraudulenta de proba ou actividades de avaliación implicará a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario (Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, art. 11, apdo 4 b). Entenderase por fraude académica calquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento académico (Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria; art. 11, apdo g).