É condición necesaria a asistencia a un mínimo do 80% das horas de sesiones presenciais programadas.
A entrega do traballos é unha condición necesaria para superar a materia.
Para concorrer á segunda oportunidade de cada convocatoria será imprescindible ter entregado, na primeira, o traballo desenvolvido durante o curso e revisado polo profesorado da materia. Este traballo tutelado pode ser ampliado e correxido para ser reavaliado na segunda oportunidade.
Avaliación en convocatoria adiantada: Para poder optar á avaliación en convocatoria adiantada deben cumprirse as condicións de avaliación xeral nun curso previo.
Medidas para o estudantado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia : Non se contemplan.
Plaxio. No relativo ao plaxio se atenderá ao indicado no Art. 14º das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da UDC: "A detección de plaxio, así como a realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobado, implicará directamente a calificación de suspenso (0) na materia da convotatoria correspondente, invalidando así calquera calificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria".