Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Rehabilitación Arquitectónica
 Asignaturas
  Técnicas de Investigación e Documentación en Arquitectura
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A4 A8 B1 B4 B5 C1 C2 C3 C4 C5 C8 O seu desenvolvemento enténdese de xeito plenamente individual e de natureza non presencial. De cara a garantizar a autoría do traballo e a adecuada adquisición de competencias, na súa avaliación enténdese relevantes as sucesivas sesións de control a través das titorías presenciais co profesor asignado e, polo tanto, o grado de cumprimento con relación ás indicacións formuladas en cada caso polo profesorado.
Outros aspectos a valorar son: a calidade da expresión gramatical, gráfica e documental final, a capacidade de análise e síntese, a profundidade e rigor dos argumentos e do seu desenvolvemento, o razoamento crítico, a búsqueda de fontes de información escritas e gráficas, a capacidade de relacionar os diferentes apartados, a correción do estudo metodolóxico, da análise realizada e das conclusións presentadas ó final do traballo.
100
 
Observacións avaliación

Como nas restantes materias que integran o presente posgrado, esíxese ademáis unha asistencia non inferior ó 80% relativa á totalidade das sesións presenciais programadas.

Avaliación en segunda oportunidade: Para poder optar a avaliación en segunda oportunidade deben cumprirse as condicións de asistencia xerais durante o curso e ter entregado o traballo tutelado no prazo correspondente.

Avaliación en convocatoria adiantada: Para poder optar a avaliación en convocatoria adiantada deben cumprirse as
condicións de asistencia xerais nun curso previo e ter entregado o traballo tutelado no
prazo correspondente.

Calificación de non presentado: Se non se entrega o traballo tutelado no prazo correspondente, a calificación será de "Non presentado".

Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Para estes casos, sempre que conten con recoñecemento oficial da dirección do centro, non se terá en conta a esixencia da asistencia mínima, manténdose o resto de esixencias xerais establecidas.

Plaxio: No relativo ao plaxio se atenderá ao indicado no artigo 14º das Normas de Avaliación, Revisión e Reclamación das Cualificacións dos Estudos de Grao e Mestrado Universitario.

A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha
vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na
convocatoria en que se cometa.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes