Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Rehabilitación Arquitectónica (a distancia)
 Asignaturas
  Patoloxía e Recuperación de Estruturas de Formigón
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición dirixida polo profesorado, na que se fomentará a participación do alumnado, tanto para plantexar dúbidas como para ofrecer unha visión crítica dos conceptos e métodos tratados nas clases.
Consiste nunha metodoloxía expositiva que, en formato non presencial, se canaliza mediante sesións sincrónicas, utilizando a plataforma de videoconferencia da Universidade, visualización de gravacións e/ou estudo da documentación aloxada en Moodle.
Traballos tutelados A realización de traballos tutelados constitúe, nesta materia, unha metodoloxía básica e fundamental para a adecuada formación do alumno. Iso é así pois permiten enfrontarse á resolución de estruturas reais en condicións análogas ás que se vai a atopar na actividade profesional.
Esta metodoloxía permite non só a consolidación e aclaración dos conceptos adquiridos nas sesións maxistrais, senón tamén afrontar as aplicacións prácticas e profesionais dos coñecementos que se van achegando e constitúen, por tanto, o complemento necesario da formación teórica adquirida.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes