A avaliación, como sistema de recollida de información
destinada a emitir xuízos de valor (e, no seu caso, de mérito) sobre o proceso
de aprendizaxe, require un desenvolvemento continuo cunha implicación constante
do alumnado. Con esta premisa, enténdese como fundamental a asistencia e
participación do alumnado, polo que unha ausencia inxustificada e reiterativa
pode repercutir desfavorablemente na nota obtida no curso, en proporción
similar á falta de participación ou a unha actitude negativa.
As condicións para superar a materia son as mesmas na
primeira e na segunda oportunidade da materia. En ambos os casos, a asistencia
ás sesións sincrónicas considérase obrigatoria, debendo alcanzar, salvo casos
xustificados, polo menos o 80%.
A cualificación final dependerá da avaliación obtida nos
traballos tutelados propostos e da súa exposición, se é o caso, ante o conxunto
da clase.
De conformidade co artigo 14 das NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN
E RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DOS ESTUDOS DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO
da UDC, se se detecta a comisión de fraude nos traballos entregados, o alumno
suspenderá a convocatoria da materia (ambas oportunidades) cunha valoración de
0.
Establécense idénticos requisitos de asistencia e
desenvolvemento do traballo tutelado para os estudantes de primeira matrícula e
de continuación de estudos, independentemente da súa dedicación a tempo
completo ou parcial. De conformidade co apartado 5 do artigo 7 da NORMA QUE REGULA
O RÉXIME DE DEDICACIÓN AOS ESTUDOS E A PERMANENCIA E PROGRESO DOS ESTUDANTES DE
GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA, non se considera nesta
materia a posibilidade de dispensa académica que exime o alumnado da asistencia
a clase.