Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e outros recursos, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Os contidos teóricos da materia iranse expoñendo de manera non lineal, na secuencia que o profesorado estime mais oportuna para obter os mellores resultados e en función da heteroxeneidade do grupo. |
Traballos tutelados |
Realizase un traballo supervisado, o cal implica un importante labor autónomo non presencial por parte do estudantado, o cal analizará unha parte da cidade coa finalidade de propor pequenas intervencións de mellora no ámbito urbano plantexado, expresadas con diferentes medios gráficos, e poñendo atención na diversidade e con perspectiva de xénero.
O traballo organízase en bloques con entregas ao fin de cada un deles; elaborarase en grupos de 3 persoas realizándose titorías de control do desenvolvemento do mesmo ao longo do curso.
Contémplase a posibilidade de facer públicos os resultados destes traballos. |
Proba obxectiva |
Realizarase unha proba escrita dun máximo de dúas horas de duración ao final do curso, a cal versará sobre os contidos teóricos expostos nas sesións maxistrais e os desenvolvidos na práctica tutelada |