Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñaría Mariña
 Asignaturas
  Integración de Sistemas Mariños con PLCs
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Xunto coa sesión maxistral, constitúe a docencia expositiva. Trátase de contextualizar os coñecementos da materia de xeito particularizado a casos de interés. Poderán ser a base orientativa dos traballos tutelados.
Traballos tutelados Levaranse a cabo nos Laboratorios de Automatización, a Aula de Informática, ou calquera outro espazo que se considere adecuado e coa dotación pertinente para a súa realización.
Sesión maxistral Trátase de que o alumnado profundice en determinados temas de xeito guiado polo docente, os temas poderán ser propostos polo docente ou polo alumnado sempre que se adecúen ao contido da materia.
Proba mixta Permite baixo distinto tipo de enunciados, valorar os coñecementos adquiridos durante o curso por calquera das metodoloxías docentes empregadas. Poderán realizarse probas parciais durante o curso, que liberen materia de cara a proba final. O alumnado terá coñecemento de que materia vai ser examinado na proba.
Prácticas de laboratorio Levarase a cabo na aula designada polo centro e nela abordaranse os conceptos fundamentais para a comprensión da materia. A dinámica da mesma é dirixida polo docente quen tratará de fomentar a participación do alumnado na medida de posible, entrando en diálogo cando así o considere axeitado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes