Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Tecnoloxías Mariñas
 Asignaturas
  Automatización de Instalacións Marítimas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A13 A15 A18 A38 A40 A41 B1 B2 B4 B10 B11 C10 C11 C12 C13 A proba mixta escrita ten o obxectivo de comprobar se o alumno adquiriu as competencias fixadas para esta materia. A proba mixta realizarase nas convocatorias oficiais da 1ª Oprotunidade e da 2ª Oportunidade. 60
Presentación oral A13 A15 A18 A38 B1 B2 B4 B10 C11 C12 Exposición audiovisual dun tema proposto utilizando de maneira preferente as TIC. Realizarase en grupos con número de membros adecuado á tarefa. 15
Prácticas de laboratorio A13 A15 A38 A40 A41 B2 B4 B11 C11 C13 Realización de prácticas de laboratorio sobre os equipos dispoñibles no laboratorio e mediante simulación, resolvendo distintos supostos prácticos que se propoñan durante o curso. 25
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia hai que obter unha puntuación mínima de 50 puntos sobre 100.

A nota final obterase sumando as puntuacións obtidas en Prácticas de laboratorio, Presentación oral e Proba mixta. No caso de que non se realizaron as actividades de avaliación continua (Presentación Oral e Prácticas de laboratorio) durante o último curso con docencia (Curso 2022-23), a nota final será a nota ponderada da proba mixta. As notas das actividades de avaliación continua obtidas durante o último curso con docencia (Curso 2022-23) serán válidas ata a extinción final da materia.

Os criterios de avaliación contemplados nos cadros A-III/1 e A-III/3 do Código STCW, e recolleitos no Sistema de Garantía de Calidade, téñense en conta no deseño e realización da avaliación.

Ao alumnado conreconocimiento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA Ou RÉXIME DE DEDICACIÓNAO ESTUDO DÚAS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5)(04/05/2017)" non se lle esixe unha asistencia mínima ás clases e/o actividades, sendo o sistema de avaliación o anteriormente indicado. 

Os criterios de avaliación da 2º oportunidade son os mesmos que os da 1º oportunidade. 

Os criterios de avaliación da convocatoria avanzada (Decembro) son os mesmos que os da 1ª oportunidade. 

A comisión de fraude académica levará consigo a aplicación das sancións disciplinarias
establecidas no artigo 11 do Regulamento disciplinario do alumnado da UDC. https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2023/007335

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes