Guía DocenteCurso Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos |
Máster Universitario en Xestión Sostible da Auga |
Asignaturas |
Monitorización de Cuncas Hidrolóxicas para o seguimento do Estado das Masas de Auga |
Metodoloxías |
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Monitorización de Cuncas Hidrolóxicas para o seguimento do Estado das Masas de Auga | Código | 632549023 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Saídas de campo | Realizarase, polo menos, unha saída a campo que ocupará 2 sesións de 50 minutos. Nela poñeranse en práctica os métodos explicados nas clases maxistrais |
Sesión maxistral | Docencia presencial impartida polo profesor, 10 clases de 50 minutos de duración cada unha. Nelas explicaranse os contidos teóricos fundamentais da materia |
Prácticas de laboratorio | Proponse ao alumnado a resolución de prácticas, nas que se aplican os conceptos teóricos vistos tanto nas clases maxistrais. Realizaranse análise de augas recollidas na saída a campo. O alumnado terá que entregar un informe no que indique todo o traballo levado a cabo no laboratorio así como os resultados obtidos nas diferentes análises. O alumnado contará co apoio do /a docente, tanto no enfoque inicial de cada unha das prácticas, como na resolución das dúbidas que puidese ter |
Solución de problemas | dedicaranse 2 sesións, de 50 minutos cada unha, á resolución de exercicios aplicando o temario explicado nas clases presenciais. O/a docente propoñerá exercicios ao alumnado que terán que resolver pola súa conta e presentalos en clase |
Traballos tutelados | Realizarase un traballo relacionado coa docencia impartida. Os pasos para seguir son: selección do tema, documentación, guión xeral, sesións periódicas co profesorado para o seguimento, preparación da presentación e exposición na aula |
Presentación oral | O alumnado terá que elaborar un traballo seguindo as directrices que lle indique o/a docente e que presentará/defenderá nunha sesión durante unha duración non superior a 30 minutos. |
|