Para determinar a cualificación final da materia (minimo de 5.0 puntos de 10 para superala) avaliaranse os seguintes elementos, ponderados segundo os seus correspondentes pesos:
- Solución de problemas (20%): exporase ao longo do curso a resolución dun máximo de 2 boletíns de exercicios (sobre tráfico, sobre trazado e/ou sobre firmes). Os enunciados se particularizarán para cada estudante. A resolución será individual. As entrega será vía Moodle na data e forma que se indicará ao longo do curso.
- Traballos tutelados (10%): exporase ao longo do curso a resolución dun máximo de 3 traballos tutelados (sobre elementos da sección transversal, sobre nós viarios e/ou sobre perdas de trazado, dinámicas e de orientación). A resolución será individual. As entrega será vía Moodle na data e forma que se indicará ao longo do curso.
- Proba obxectiva (50%): avaliación dos contidos teóricos e/ou prácticos:
- Proba obxectiva final (40%): realizarase na data fixada no calendario oficial e segundo a modalidade indicada na guía docente para a materia. Para superar a materia será necesario obter unha cualificación mínima de 3,5 puntos de 10 na citada proba. Se non se obtén esta cualificación mínima, os demais elementos de avaliación non serán tidos en conta.
- Probas obxectivas de avaliación continua (15%): exponse a realización dun máximo de 2 probas obxectivas de avaliación continua, aviso previo/previo aviso durante o curso da data, forma e materia.
Independentemente de que o estudante se presente á primeira oportunidade, á segunda ou a ambas, haberá unha única data de entrega e/ou realización das actividades incluídas dentro da "Solución de problemas" e dentro dos "Traballos tutelados". Así mesmo, independentemente da oportunidade ou oportunidades ás que se presente cada estudante, as probas obxectivas de avaliación continua terán unha única data de realización. A cualificación de cada unha delas gardarase ata a segunda oportunidade do curso e será tida en conta na cualificación final tanto na primeira como na segunda oportunidade.
Os estudiantes poderán optar por non facer unha evaluación continua e presentarse só a proba obxectiva final, que neste caso pesará un 100% e será necesaria unha puntuación mínima de 5.0 de 10 para aprobar a materia. Esto é valido tamén para os estudantes matriculados a tempo parcial, etc.