Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Economía da Empresa: Función Financeira
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A3 A5 A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 A cualificación global calcularase sumando o resultado de dúas probas mixtas, cada unha delas valorada sobre 5 puntos, e que poden conter cuestións teóricas e/ou prácticas en calquera combinación de formatos: test, desenvolvemento, casos, exercicios numéricos, etc.
Primeira oportunidade: a primeira proba realizarase cara á metade do cuadrimestre, nunha data que se comunicará con antelación, e incluirá a parte da materia que se determine. A segunda, na data que a Facultade designe para o exame final, e referirase exclusivamente á parte da materia non avaliada na primeira proba.
Segunda oportunidade: salvo indicación en contrario, ambas realizaranse de forma consecutiva na data que a Facultade acorde para o exame final. A cualificación calcúlase co mellor resultado de cada proba, entre os obtidos na primeira e a segunda oportunidade.
Tódalas probas puntuables deberán realizarse na data prevista, coas únicas excepcións que sexan aplicables conforme a normativa académica; en caso contrario computaranse como cero.
Os estudantes exentos de asistencia seguirán o programa xeral de avaliación.
A oportunidade adiantada avaliarase mediante unha proba mixta de 10 puntos, relativa ós contidos e competencias definidos na guía do curso inmediatamente anterior.
100
 
Observacións avaliación

Formato das probas: realizaranse de xeito
presencial e nas datas establecidas, sen perxuízo das excepcións previstas na
normativa académica.

No caso de se empregar un formato telemático, aplicaranse as seguintes
regras: deberán accederse, realizarse e entregarse nos termos e condicións
sinalados en cada caso. Enténdese realizadas se os rexistros da plataforma
indican que se accedeu a elas, independentemente de que se rexistren ou non as
respostas, e se confirme ou non a entrega. Se omiti-la confirmación, a
actividade entenderase entregada en branco e cualificarase cun cero. O
incumprimento das bases da proba suporá a expulsión da mesma, a cualificación
cero na mesma e, se é o caso, a incoación de expediente por fraude segundo a
normativa académica. Isto aplícase, en particular, ao acceso tardío ás probas
telemáticas. O alumnado é responsable de dispor dos medios necesarios para
acceder aos recursos electrónicos e, no seu caso, realizar unha avaliación
neste formato.

Fraude: é de aplicación o previsto no artigo 14 da normativa de avaliación
da UDC, e no punto b do apartado 4 do artigo 11 do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC. De acordo co
previsto nestas normas, as persoas implicadas serán expulsadas da proba e
recibirán una cualificación de cero en ámbalas oportunidades do curso
académico, sen perxuízo das responsabilidades disciplinarias adicionais que poidan
ser esixibles.

Instrumentos electrónicos: salvo autorización expresa, non se permite o
acceso á aula con dispositivos electrónicos susceptibles de almacenar e/ou
transmitir datos, tales como smartwatches, móbiles ou calculadoras
intelixentes. A presenza en lugares inxustificados entenderase motivo
suficiente para a expulsión da proba, coas consecuencias previstas no parágrafo
anterior.

Idiomas: a opción por unha lingua concreta para a realización das probas de
avaliación deberá realizarse por escrito e dentro da primeira semana lectiva do
cuadrimestre en que se imparta a materia, e atenderase na medida en que as
posibilidades técnicas e organizativas o permitan.

Identificación: o alumnado deberá acreditar fidedignamente a súa identidade
de acordo coa normativa vixente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes