Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Economía da Empresa: Función Financeira
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Dirección Financeira I/650G01019
Dirección Financeira II/650G01025

Observacións

Sobre a metodoloxía

A materia está deseñada en atención á distribución do tempo de traballo establecido no plano de estudos, que á súa vez está inspirado no crédito transferible europeo (ECTS) e nas liñas xerais da Declaración de Bolonia. Neste contexto, as responsabilidades académicas van máis aló de simplemente asistir ás aulas. O traballo non termina cando sae da aula e/ou finaliza a sesión telemática, e non todo o traballo se realiza na Facultade. O plano de estudos está deseñado para ter unha combinación de traballo presencial de 50 horas e 100 horas adicionais de traballo non presencial; estas últimas son o tempo que un estudante promedio debe adicar ás súas tarefas persoais (lecturas, preparación de notas e, naturalmente, tempo de estudo) e para prepara-las actividades que se programan ó longo do cuadrimestre (busca de información, análise de documentos, prácticas baseadas en TIC, etc.). As sesións presenciais adicaranse principalmente a discuti-los aspectos  teóricos básicos da materia, coordina-lo traballo do grupo, resolver dúbidas xerais e desenvolver actividades prácticas e interactivas. Partindo deste traballo común, prográmase o traballo individual que cada estudante debe desenvolver para as seguintes sesións, coa orientación e o apoio dos seus profesores cando sexa necesario.

Cumprimento da normativa sanitaria

A participación nas actividades presenciais require inescusablemente o estrito cumprimento das indicacións das autoridades sanitarias. Atenderanse as instrucións e/ou adaptacións que poidan recibirse, na medida en que afecten á organización da materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes