Guía DocenteCurso Facultade de Economía e Empresa |
Grao en Ciencias Empresariais |
Asignaturas |
Comercio Exterior |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Comercio Exterior | Código | 650G01041 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Estudo de casos | A6 A12 A19 B4 B5 B11 B12 | Facilitaranse textos e lecturas sobre empresas e casos reais que deberán ser traballados polo alumno en grupo para a súa posterior exposición en público. As lecturas serán facilitadas polo profesor ao finalizar cada tema teórico. Poderanse traballar temas de actualidade, a proposta do profesor, tanto individualmente como en grupo. |
50 |
Proba de resposta múltiple | B2 B3 C6 | Preguntas Test de resposta múltiple (catro opcións). As preguntas mal contestadas penalizan. A proba de resposta múltiple establece un mínimo para poder superar a materia. É dicir, independentemente da cualificación alcanzada na parte práctica, se non se alcanzase unha puntuación mínima de 4,5 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple non se computará esta nota e a materia considerarase como non superada. No caso de non ser superado o exame test e, por tanto, non aprobarse a materia, a cualificación final que figurará na correspondente acta será a alcanzada no devandito exame test e ponderada ao 50%. |
50 |
Observacións avaliación | |||
Para a cualificación final poderá ser tida en conta a asistencia a clase, así como o nivel de participación activa durante as mesmas e as achegas realizadas sobre os temas tratados. Cualificación de non presentado: corresponde ao alumno cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da puntuación obtida. Na convocatoria adiantada e na segunda Para o alumnado con recoñecemento de dedicación parcial e dispensa académica de asistencia, tanto na primeira coma na segunda oportunidade, excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase, ao comenzo do curso, un calendario especifico de datas, compatible coa súa dedicación. |
|