Requisitos para superar a materia: Entregar e expoñer o traballo tutelado, obter unha puntuación mínima dun 50% do peso do exame, e obter unha puntuación mínima global do 50% do total da materia.
Avaliación na segunda oportunidade: Os alumnos deberán entregar e expoñer o traballo tutelado na data que se estableza (se non se fixo no seu momento) e realizarán o exame.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de
material non orixinal, incluído aquel obtido a través
da internet, sen indicación expresa da súa procedencia, será considerada causa de cualificación de suspenso (nota numérica 0) na actividade. Todo
iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o
correspondente procedemento.
En caso de existir discrepancias entre as guías docentes en distintos
idiomas, prevalecerá a versión en español.