Lecturas |
Tempo dedicado á lectura comentada dun texto relacionado coa exposición do profesor. |
Análise de fontes documentais |
O alumno aprenderá a xestionar as principais bases de datos (Web of Science, PubMed, etc.), seleccionar e localizar artigos de interese, así como sintetizar a información máis relevante para o tema de busca. Ademais, o alumno coñecerá algúns criterios éticos e medidas antiplaxiar (Turnitin) para citar os autores en texto.
Para iso levarase a cabo unha tarefa que se pode levar a cabo en grupo (5-6 alumnos por grupo). |
Prácticas clínicas |
A parte práctica da prof. Teresa Juana García Real consistiu en:
1.- Avaliación da voz para coñecer o perfil vocal individual (folla técnica vocal con seccións de anamnesis e probas básicas de voz).
2.- Realización de exercicios específicos de técnica vocal. O ideal sería facelo en parella.
3.- Visualización de vídeos con trastornos da voz.
Ademáis, se usarán recursos prácticos e virtuales para mellorar a comprensión dos contidos teóricos. |
Proba de resposta múltiple |
Programaranse dúas probas de elección múltiple.
Primeira proba: deseñada para avaliar o módulo de voz (temas 1,2,3), parte impartida pola profesora Teresa Juana García Real, que se realizará ao rematar o tema 3 e o alumno deberá responder preguntas con 4 posibles respostas. Cada erro descontará 0,20 puntos. Calcula o 45% de toda a materia.
Segunda proba: deseñada para avaliar o módulo de linguaxe, fala e audición. Preguntas con 4 respuestas posibles e cada erro descontará 0.20 puntos. Calcula o 55% de toda a materia. |