Nesta materia, os envíos dos traballos
faranse de xeito telemático a través do Campus Virtual. De non ser posible,
elixirase a impresión a dobre cara, empregarase papel reciclado e non se
utilizarán plásticos. Ademais, evitarase imprimir borradores. Recórdase que
débese facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos
negativos sobre o medio natural. Ademais, débese ter en conta a importancia dos
principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos
comportamentos persoais e profesionais.
Por outra banda, segundo se
recolle nas distintas bases normativas de aplicación para a docencia
universitaria, nesta materia incorpórase a igualdade de xénero, polo que o
alumnado debe telo en conta á hora de realizar as distintas actividades da
materia. |