Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
7 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Linguas Extranxeiras
 Asignaturas
  Contidos no ensino-aprendizaxe dunha lingua estranxeira
   Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Discusión dirixida
Descrición
Cada estudante realizará unha presentación oral dun tema relacionado cos contidos da materia. Despois da presentación analizarase na clase o desenvolvemento e profundidade da mesma, polo que se lle dedicará tempo de clase á comprensión de cada estudante dos contidos da materia. Para a elaboración da presentación tamén contarán co apoio do profesor fóra da aula.

Anímase ao alumnado a que asista ás titorías do profesor ou que se dirixa a él mediante os medios telemáticos postos a súa disposición pola universidade, principalmente por correo electrónico (eduardo.barros@udc.es), pero tamén a través de Moodle e Teams.

As horas de atención ao alumnado para o curso 2023-2024 son:
- Luns, de 12.15 a 14.15 no gabinete 317 da Facultade de Filoloxía, Campus da Zapateira.

O alumnado de matrícula parcial e/ou con dispensa académica realizará os traballos e tarefas de forma individual, con entregas nas datas marcadas polo docente, e terá atención personalizada no horario de titorías, para aclarar dúbidas sobre os traballos e tamén sobre o marco teórico e práctico da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes