Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
7 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Linguas Extranxeiras
 Asignaturas
  Proxectos de innovación e investigación educativa en linguas estranxeiras
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Como consideración xeral, teranse especialmente en conta as deficiencias ortográficas na puntuación e acentuación (se é o caso), así como a escritura inconexa ou inadecuada, unha mala presentación, etc., tanto nos exames como nos traballos. Todo isto suporá a redución de puntos na nota obtida.

No caso de detectar plaxio nas probas de avaliación, a nota axustarase ao disposto no artigo14.4. das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos universitarios de grao e máster *. Nesta materia, se os profesores detectan plaxio nalgunha das probas, significará un 0 na nota final. En caso de reiteración, trasladarase á Comisión Académica para que tome as medidas oportunas.

* "Na realización de obras, o plaxio e o uso de material non orixinal, incluído o obtido a través de internet sen indicación expresa da súa orixe e, se é o caso, do permiso do seu autor, pódense considerar causa da cualificación de suspenso na actividade. Todo isto sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que podería haber lugar despois do correspondente procedemento ". 

Recoméndase enviar os traballos telematicamente e, de non ser  posible, non utilizar plásticos, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes