Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Social |
Asignaturas |
Pedagoxía social |
Avaliación |
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Pedagoxía social | Código | 652G03006 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Portafolios do alumno | A1 A2 A3 A5 A14 A16 B2 | Traballo reflexivo da materia, en pequeno grupo, e no que se reflicten as dinámicas das sesións interactivas en relación cos elementos abordados nas sesións expositivas. O portafolio pretende ser a memoria documentada dun proceso creativo e educativo, no que se recolle a súa evolución, de tal maneira que sexa posible apreciar un “relato coherente” que permita recompoñer unha determinada traxectoria temática. As competencias que se pretende valorar a través da realización e presentación do portafolio teñen que ver coa capacidade de análise, síntese, reflexión e interpretación de situacións, información relevante, etc. Os criterios de avaliación son: -Profundidade da reflexión a partir da propia participación nas dinámicas desenvoltas nas sesións interactivas. - Grao de relación co marco teórico de referencia aportado nas sesións expositivas e nas lecturas recomendadas para cada temática. |
60 |
Proba de ensaio | A1 A3 A5 A14 A16 | Comentario de texto que pretende a comprobación sobre o grao de desenvolvemento de distintas competencias asociadas á materia. Terá en conta o desenvolvemento dos contidos presentados nas sesións maxistrais e traballados nas actividades realizadas polo alumnado. A súa realización pódese apoiar na documentación achegada e noutras lecturas realizadas. É posible levar a documentación para a súa consulta no momento de realización da proba. Os criterios de avaliación relacionados con esta proba son: - Identificación da/s idea/s principai/s e secundaria/s do texto a través dun resumo breve. Se se empregase a modo de resumo un mapa conceptual ou un esquema deberán ser suficientemente completos e explicativos respecto dos conceptos/ideas e da súa relación (estrutura do texto). Valórase, por tanto, a capacidade descritiva e de síntese. - Ampliación dos conceptos ou ideas contidas no texto de referencia, e a súa asociación con outros conceptos e/ou ideas, ou o seu contraste –matizacións ou puntos de vista encontrados- que outros autores/as defenden, estimando a capacidade argumentativa. - Cando empreguemos os argumentos dun autor ou autora (ou os datos e/ou propostas dun estudo/informe concreto) coas nosas propias palabras citaremos a fonte. |
40 |
Observacións avaliación | |||
1.- Para poder sercalificado/a e avaliado/a é necesario ter entregado todos os traballosesixidos. De faltar algunha das partes, o alumno/a figurará como NONPRESENTADO/A ao non poder ser avaliado na totalidade das propostas deaprendizaxe. 2.- Para superar a materia é imprescindible ter superadas todas as probas. En caso contrario, a cualificaciónserá a da proba suspensa. Gardaranse as partes aprobadas durante a convocatoria anual. 3.- A asistencia e participación activa e esixente nas dinámicasde aula serán consideradas de forma positiva no proceso de avaliación. 4.- Calquera circunstancia persoal que poida alterar o seguimentoda materia por parte do alumnado deberá ser comunicada ao inicio do cursopara a súa oportuna e axeitada consideración. Para o alumnado que, por razóns debidamente acreditadas ,non poida ter unha asistencia sistemática e o faga a tempo parcial,establécense criterios de avaliación adecuados, en cada caso, ás súascircunstancias, garantindo a igualdade de oportunidades. Criterios deavaliación:
5.- Para acollerse á modalidade presencial, cómpre terunha asistencia mínima do 80%. 6.- Segundo o artigo 11, apartado 4 b), do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC: “A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario”. |
|