1.- A asistencia e participación nas sesións de aula e actividades prácticas sinaladas considéranse obrigatorias nunha universidade presencial como é a Universidade da Coruña. Aquelas alumnas e alumnos que, por razóns debidamente acreditadas (de saúde, laborais ou de conciliación), non podan ter unha asistencia sistemática (por encima do 85%), poderán optar a unha modalidade de avaliación específica, sempre que o comuniquen á docente en horario de titorías para a súa oportuna e axeitada consideración. Nestes casos, establécense as seguintes actividades de avaliación: Proba de ensaio (50%) e Ensaio reflexivo (50%). As pautas e criterios de avaliación específicas destas dúas actividades figuran no documento colgado no Campus Virtual. Avaliarase o ensaio reflexivo só no caso de superar a proba de ensaio. En caso de non superala, a nota final corresponderase coa acadada nesta, valorada sobre 100%.
2.- O cómputo global da nota final require que todas as actividades de avaliación obteñan unha cualificación de aprobado (5). As actividades superadas só se gardarán durante a convocatoria anual.
3.- O alumnado asistente que non supere nin o portafolio nin a proba de exame na primeira oportunidade, realizará unha proba de ensaio na segunda oportunidade que computará o 100%. De ter ounha das partes aprobadas só terá que presentarse coa parte suspensa.
4.- Todos os traballos presentaranse en formato dixital (PDF) a través do Campus Virtual. Non se aceptará ningún traballo do que a docente non teña constancia da súa realización.
5.- Segundo o establecido no artigo 14.4. das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario, "na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento". A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso (nota numérica 0) na convocatoria en que se cometa.
6.- O alumnado que solicitara e teña recoñecida a dispensa académica -tal como se
establece na "Norma
que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a
progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na
Universidade da Coruña" (aprobada en Consello de Goberno de 28 de xuño de 2016)-, terá que asistir a unha titoría na que concretar a porcentaxe de asistencia mínima en función da súa situación, e as metodoloxías de avaliación (que en calquera caso poderá combinar as propostas para alumnado presencial e para quen non cumpra a obriga de asistencia mínima).