Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Cuestións filosóficas do mundo contemporáneo
   Atención personalizada
Metodoloxías
Lecturas
Seminario
Proba mixta
Descrición
O estudiantado con recoñecemento de dedicación parcial e dispensa académica rexerase pola "norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao da UDC" (art. 2.3; 3.6 e 4.5) de data 29/05/201 .
A metodoloxía será a seguinte:
* Utilizaranse fontes académicas para su estudo e anális de textos.

A atención personalizada preténdese satisfacer as necesidades do estudiantado tanto individualmente como en grupo.

Trátase de atender aos estudantes en calquera momento que o precisen. Para iso, estará dispoñible o seguinte:

a) Por correo electrónico (calquera día da semana).
b) Na aula, logo de consensuar o horario co alumnado.

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase del estudiantado)

-Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

-Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas."




Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes