O resultado da avaliación será o resultado da suma de todas as partes, sendo necesario acadar un 5 para superar a materia.
En función dos requerimentos académicos de cada curso, as porcentaxes asignadas a cada parte poderán variar. En ningún caso a avaliación da proba mixta poderá ser inferior ao 40% da calificación, nin a avaliación continuada (prácticas de laboratorio e traballos tutelados) ser superior ao 60%
O Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou con dispensa académica de exención de asistencia terá os mesmos requerimentos de avaliación que o tempo completo.
A realización fraudulenta das
probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará
directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a
estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria
correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na
primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario (Regulamento disciplinar do estudantado da UDC)