Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Estancias Prácticas III
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Psicoloxía II/653G01203
Pediatría, Psiquiatría e Rehabilitación Infanto-xuvenil/653G01205

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Terapia Ocupacional para a Autonomía Persoal na Infancia e na Adolescencia/653G01207

Materias que continúan o temario

Observacións

1.- Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do 'V Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2023-2025)', os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a.- Na súa maioría se solicitarán en formato virtual e soporte informático.

b.- De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.

2.- A docente responsable resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou outros aspectos que serán notificados aos estudantes coa suficiente antelación.

3.- Para a correcta planificación das Estadías Prácticas, realizaranse, de forma previa ao comezo da materia (segundo o calendario oficial), varias reunións de coordinación académica:

-Actividades iniciais: Establecemento de grupos de prácticas e elaboración de rotatorios: Reunión da coordinadora da materia cos/as alumnos/as matriculados/as para a presentación dos recursos de prácticas e organización dos grupos de estudantes.

- Coordinación da docencia: Encontro entre a coordinadora da materia e os/as profesores/as e titores/as terapeutas ocupacionais dos recursos de prácticas, previo ó inicio e despois da finalización das mesmas.

4.- Normas mínimas:

Os/as alumnos/as deberán cumprir unhas normas xerais básicas de uniformidade, identificación persoal, puntualidade e respecto ós/ás usuarios/as, profesionais e instalacións do recurso de prácticas.

Ademais, deberanse respectar as pautas mínimas específicas que cada centro estableza para o correcto desenvolvemento das estadías prácticas.

5.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, incorporase a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.  

6.- A docente responsable da materia aplicará a correspondente normativa da UDC ante a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un/unha estudante da materia no desenvolvemento dos seus traballos. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de 'suspenso' na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con 'suspenso' (nota numérica '0') na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes