Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Rehabilitación no Adulto con Discapacidade Física
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos B2 B5 B8 B9 B14 Examen único da sesión maxistral e estudo de casos por oportunidade. A materia compórtase, avalíase e revísase como un todo. De suspender, no se guardan cualificacións parciais de “partes de examen”.
0
Sesión maxistral A3 B6 B7 B10 B11 B12 B29 C4 Examen único da sesión maxistral e estudo de casos por oportunidade. A materia compórtase, avalíase e revísase como un todo. De suspender, no se guardan cualificacións parciais de “partes de examen”.
100
 
Observacións avaliación

CUALIFICACIÓN DA MATERIA REHABILITACIÓN DO ADULTO CON DISCAPACIDADE FÍSICA DO GRAO EN TERAPIA OCUPACIONAL: Un só e único exame escrito integrado por oportunidade, coa seguinte distribución de puntuacións:
A. O Prof. Sergio Santos del Riego avaliará sobre 4 puntos (40%).
B. O Prof. Antonio Rodríguez Sotillo avaliará sobre 3 puntos (30%).
C. O Prof. Antonio Montoto Marqués avaliará sobre 3 puntos (30%).

A cualificación final do exame teórico (sesións maxistrais e estudo de casos), e por tanto da asignatura, será o sumatorio de A+B+C. Só se revisará unha cualificación: a cualificación final, coa presenza conxunta -de ser factible- do profesorado da asignatura. Necesitarase unha cualificación igual ou maior a 5 puntos para aprobar a asignatura. Si a suma total fose inferior a 5 puntos, a cualificación final da materia será de suspenso/a. 


INFORMACIÓN SOBRE A CUALIFICACIÓN FINAL:
En relación coa convocatoria/curso, realizarase so un exame escrito final/oportunidade: un na primeira oportunidade e outro na segunda oportunidade (xuño-xullo) para preservar a equidade no trato cos estudantes. As datas dos exames estarán establecidas segundo o calendario oficial aprobado en Xunta de Facultade.

A materia compórtase, avalíase e revísase como un todo. De suspender, non se gardan cualificacións parciais de "partes do exame".

O profesor responsable, co consenso do profesorado da materia, se reserva a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación, revisión ou outros aspectos que serán notificados aos estudantes coa suficiente antelación. 

Sobre Plagios (Artigo 11, apartado 4 b do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC). 
  •  "A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario".

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes